16 mar 2012

Creamos o noso periódico

Coas aplicacións que vimos en entradas anteriores chegamos a crear o periódico dixital de aula. Os nenos e nenas aportaron as noticias que creron importantes e as redactaron. Logo seleccionamos un pouco a distribución e as cores.

Aínda nos queda moito traballo por facer pero queremos deixar testemuña do traballo realizado ao longo de toda esta semana, na que os protagonistas eran as noticias e o periódico.

Este recorte periódistico fíxeno para presentar o noso periódico e se pinchades sobre el accededes ao periódico dixital. A ver que vos parece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario