16 may 2011

Recitando poemas

No segundo trimestre deste curso estivemos traballando sobre o libro de poemas titulado Cacarabín, cacarabón do autor galego Antonio García Teijeiro.

Na miña clase propuxen, posto que o número de poemas do libro mo permitían, que cada neno/a fora o representante dun dos poemas. O traballo do representante de poema consistía en levalo para casa, lelo coas familias e memorizalo, á vez que facían un debuxo do que representaba para eles o poema. Todo isto, sen que viran o libro. A idea era ver o que se interpretaba na casa.

Logo unha vez memorizado o poema viñan a aula e recitábano diante da clase e amosaban o debuxo que fixeran e, a continuación eu amosáballes o debuxo que fixera o ilustrador do libro Teo Puebla. E eles comparábanos e comentaban se pensaran algo parecido ou non.

Segundo ían presentando os poemas os que querían podían levar outro poema xa presentado para a casa para memorizalo e recitalo. Foi todo un éxito porque algúns nenos/as chegaron a memorizar ata sete poemas diferentes  e recoñecer todos eles sabendo que os presentara.

No blog de aula tamén tiñan unha páxina na que aprenderon datos sobre o autor, a súa obra e o ilustrador como podedes ver nos enlaces anteriores.

Unha vez memorizados os poemas graveinos e finalmente teño o archivo mp3 para compartir, aínda que se nota que é o primeiro, fixérono xenial.

Aquí podedes comprobalo vós mesmos:

Recitado de poemas de Cacarabin cacarabon by Recantodastics

A lástima foi que ao final non puido vir ao centro Antonio García Teijeiro e non o puideron coñecer. Facíalles tanta ilusión despois de aprender tanto sobre el e de coñecer os seus poemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario